'Unicorn Wars', do coruñés Alberto Vázquez, compite na sección oficial de Sitges
"É unha mestura de Apocalypse Now, Bambi e a Biblia", di o director desta animación antibelicista
A película, participada pola TVG, chegará aos cines o 21 de outubro
A sen razón da guerra plasmada nunha cruenta batalla entre unicornios e osiños de peluche. Todos os ollos do Festival de Sitges están postos en 'Unicorn Wars', do coruñés Alberto Vázquez, que compite na sección oficial cunha proposta de autor, que introduce a tenrura na máis profunda escuridade.
"É unha mestura de Apocalypse Now, Bambi e a Biblia, ten aspectos das tres. Pero tamén digo que a película parte do xénero bélico pero atopa a súa propia linguaxe", explica o director.
TVG participa na produción da longametraxe, que está a recibir excelentes críticas nos primeiros pases do festival internacional de cine fantástico de Sitges. Unha nova mostra do talento que atesoura a industria da animación galega.
"A crítica e o público nos están apoiando, así que seguiremos facendo animación a agradamos que se sume máis xente", engade a productora Chelo Loureiro.
Cualificada para maiores de 16 anos, a película chegará aos cines o 21 de outubro. Unha oportunidade para reflexionar sobre a guerra en tempos de guerra.