Cargando resultados...
Catorce casos de botulismo en Europa en persoas que foran a Turquía
Dos catorce casos, doce son en Alemaña
Dez foron á mesma clínica turca inxectar a toxina botulínica
É un tratamento para adelgazar que causa a saciedade
Varios ingresaron en UCI

G24.gal
14/03/2023 07:54
Alerta en Europa por detectárense catorce casos de botulismo, doce deles en Alemaña, en persoas que viaxaran a Turquía para recibir unha inxección gástrica de neurotoxina botulínica, usada para perder peso.
Os casos que notifica o Centro Europeo para o Control e Prevención de Enfermidades son todos de persoas de mediana idade, e dez delas foron á mesma clínica. Varios pacientes precisaron de ingreso en UCI. A toxina inxectada axuda a comer menos porque induce á saciedade.