Case todos os polígonos de bateas están abertos un mes despois do episodio de toxina
Pola toxina lipofílica só quedan pechados dous na ría de Pontevedra e un na de Vigo
Hai outros dous polígonos en Pontevedra nos que tampouco se pode coller mexillón pero é pola toxina paralizante
Hai case un mes a marea vermella levou ao peche de case a totalidade de zonas de extracción de mexillón. Agora, a situación mellorou moito, só están pechados 5 polígonos das 52 áreas de viveiros flotantes.
"Só quedan 3 polígonos pechados, dous na ría Pontevedra e un na de Vigo. Ademais teñen xa un primeiro negativo, é dicir, que é previsible que xe abran este martes. O que está vindo agora é a toxina paralizante, de feito, pechamos dous polígonos a semana pasada na ría de Pontevedra, en Portonovo", di Covadonga Salgado, directora do Intecmar.
"A situación está complicada, nós estamos esperando a que finalice o ano para ver que medidas tomamos. As confrarías vivimos o 95 % do marisqueo e en xullo e agosto non levabamos nin facturado un 8 % con respecto ao ano pasado", comenta Rosalino Díaz, patrón maior de Vilanova de Arousa.
O que si é que o mexillón non alcanza un tamaño grande.
"Parecía que o mexillón ía collendo peso, forza pero hai que ir controlando. Estes son os meses máis idóneos para a recollida pero tamén estamos cun tempo que non parece novembro nin moito menos, sostén Covadonga Salgado, directora do Intecmar.
A campaña de Nadal de momento encárase con optimismo.