Publicador de contidos

Publicador de contidos

Soben a 76 os mortos no incendio dun hotel nunha zona de esquí de Turquía

Soben a 76 os mortos no incendio dun hotel nunha zona de esquí de Turquía

O lume comezou sobre a 03:30 hora local (00:30 GMT) nun hotel de 12 plantas, construído en madeira, no centro de esquí de Kartalkaya, a unha altura de 2.200 metros

O hotel, de 161 cuartos, tiña unha ocupación próxima ao 90 %, debido a que estes días son as vacacións escolares de inverno en Turquía

G24.gal 21/01/2025 10:53 Última actualización 21/01/2025 20:57

Soben a 76 as persoas que morreron e a arredor de 60 as feridas este martes nun incendio nun hotel situado nunha popular zona de esquí nas montañas da provincia de Bolu, a medio camiño entre Ankara e Istambul.

O lume comezou sobre a 03:30 hora local (00:30 GMT)  no restaurante do hotel de 12 plantas, construído en madeira, no centro de esquí de Kartalkaya, a unha altura de 2.200 metros. Construído integramente en madeira, as lapas estendéronse rapidamente polo edificio de dez plantas de altura.

O hotel, de 161 cuartos, tiña unha ocupación próxima ao 90 %, debido a que estes días son as vacacións escolares de inverno en Turquía, sinala o diario turco Hürriyet.

A construción en madeira e a situación do hotel ao pé dunha pista de esquí, que só permite o acceso de vehículos desde a fachada frontal, dificultan a intervención dos bombeiros, agrega o citado diario.

Segundo a cadea NTV, unhas 300 persoas, incluídos os empregados, atopábanse no hotel, e os equipos de rescate temen que nos pisos superiores aínda pode haber persoas atrapadas.

O ministro turco do Interior, Eılmaz Tunç, anunciou que catro persoas foron detidas en relación a esta traxedia e a emisora NTV sinala que entre os arrestados cóntase o propietario do establecemento, situado na estación de esquí de Kartalkaya, a medio camiño entre Istambul e Ankara.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, transmitiu o seu pésame a Turquía pola traxedia. “Os nosos corazóns están coas vítimas e as súas familias tras o devastador incendio do hotel Grand Kartal de Bolu”, escribiu Von der Leyen nas súas redes sociais.

“Europa está unida a Turquía e ao seu pobo nesta traxedia, querido Recep Tayyip Erdogan”, dixo von der Leyen referíndose ao presidente turco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade