400 expositores de 900 firmas participan en Navalia
A organización da Feira Internacional do Sector Naval prevé 20.000 visitantes profesionais
O aumento da presenza internacional, arredor dun 20% máis, é un dos grandes atractivos dunha feira que o sector cualifica xa de histórica, pola concorrencia de máis de 400 expositores procedentes de 900 firmas. Ata o vindeiro xoves, a organización de Navalia prevé que por aquí pasen máis de 20.000 visitantes profesionais.
O sector naval internacional cítase no Instituto Feiral de Vigo e as empresas galegas aproveitan este escaparate para faceren unha demostración de forza.
Durante tres días, regresan as reunións con clientes e colaboradores e as probas de produtos orientados ás pesqueiras, ás fontes enerxéticas, ao turismo e á loxística.
Precisamente, esta empresa galega prevé despregar os seus drons por todos os recantos de Navalia para filmar a feira desde perspectivas insospeitadas.