Contido coa etiqueta .
Naufraxio

50 mortos no naufraxio dun caiuco que ía ás Canarias
16/01/2025 10:51
Rescatáronse 36 sobrevivientes da embarcación, que, en teoría, partira con 86 ocupantes

Atracado no porto da Coruña un buque chinés que perdeu dous guindastres da súa carga
17/12/2024 10:50
O barco permanecía fondeado na ría de Ares á espera de estar en condicións óptimas para entrar ao peirao

Falece unha persoa tras o afundimento dun barco no Grove
12/12/2024 10:47
Outras dúas persoas que se atopaban na embarcación foron rescatadas por bateeiros da zona

23/11/2024 10:57
A Garda Civil investiga o home por un suposto delito contra o patrimonio histórico
Sacou a peza da auga hai 25 anos e levouna para a súa vivenda
A traxedia do HMS Serpent con 175 tripulantes a bordo do buque británico deu lugar ao cemiterio dos Ingleses

Segue a busca de 48 persoas desaparecidas no naufraxio dun caiuco en El Hierro
29/09/2024 11:00
Tres dos 27 sobreviventes foron trasladados ao hospital con hipotermia, deshidratación e traumatismo

Morren nove persoas ao envorcar un caiuco preto da illa canaria de El Hierro
28/09/2024 11:40
A embarcación virou durante o rescate ao poñerse en pé varios ocupantes e concentrarse nun dos laterais
Os servizos de emerxencias rescataron 27 persoas con vida e buscan polo menos 48 desaparecidas

Morren 12 migrantes nun naufraxio ao tratar de cruzar o canal da Mancha
03/09/2024 15:56
Dúas persoas están desaparecidas, máis de 50 foron rescatadas e varias quedaron feridas

En Italia, o fiscal di que recuperar o veleiro de luxo afundido é fundamental para a investigación
24/08/2024 13:33
Xa se recuperaron os seis cadáveres dos desaparecidos no accidente, e agora as pescudas tratan de aclarar as responsabilidades no naufraxio
Os sete falecidos do iate quedaron atrapados nos seus camarotes

Recuperan o corpo da filla de Lynch, a última persoa desaparecida no naufraxio do Bayesian
23/08/2024 13:15
A moza foi localizada, do mesmo xeito que as demais vítimas, fóra dos camarotes, o que fixo pensar que as seis vítimas tentaron saír do veleiro mentres se afundía

Atopan cinco cadáveres dentro do iate afundido en Sicilia e buscan o último desaparecido
22/08/2024 08:14
Catro dos cinco corpos atopados xa foron levados a terra este mércores e o quinto foi recuperado este xoves á mañá

Chegan a Galicia os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia
19/08/2024 17:28
As familias levaban case un mes agardando pola repatriación dos cadáveres

Un tornado afunde un veleiro en Sicilia e causa un morto e seis desaparecidos
19/08/2024 13:00
O barco, duns 50 metros de eslora, levaba 22 persoas a bordo, 10 tripulantes e 12 pasaxeiros, das que 15 foron rescatadas
Entre os desaparecidos está o magnate tecnolóxico inglés Mike Lynch e a súa filla

Os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia chegan este luns a Galicia
18/08/2024 17:13
O avión ten previsto aterrar sobre as 17:00 horas no aeroporto de Alvedro nun voo comercial procedente de Madrid

O luns chegan a Alvedro tres corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia
17/08/2024 14:03
Son o noiés Antonio Barreiro, o vigués César Acevedo e o baionés Santiago Leyenda

Os galegos falecidos no naufraxio do Argos Georgia serán repatriados o luns
14/08/2024 11:55
Os corpos dos tres mariñeiros galegos teñen previsto ser trasladados en avión á Coruña dende Inglaterra, onde se lles realizaron as probas forenses

Rescatados os tres tripulantes dun pesqueiro afundido ao sur do cabo Fisterra
09/08/2024 11:18
A embarcación de recreo Batega rescatou os 3 tripulantes do Tamara
.jpg)
Confírmase o falecemento do noiés Antonio Barreiro no Argos Georgia
08/08/2024 18:14
O Goberno informou de que as autopsias realizadas no Reino Unido aos corpos rescatados revelaron a identidade do mariñeiro
É o terceiro e último galego que quedaba por identificar

Os corpos dos falecidos no naufraxio do Argos Georgia continúan no Reino Unido
03/08/2024 11:27
A repatriación dos restos mortais dos tres mariñeiros galegos mortos no afundimento vai tardar aínda varios días

Sobreviventes indonesios do Argos Georgia din que a auga entrou por unha comporta aberta
02/08/2024 20:09
Descoñécense as causas polas que a comporta, de oito metros cadrados, estaba aberta

Malvinas finaliza a busca dos catro desaparecidos do Argos Georgia
01/08/2024 10:58
Entre os desaparecidos está o galego Juan Antonio García Rey, relevo de máquinas de Ribeira, á espera de que se confirme se Antonio Barreiro figura entre os falecidos

Un dos corpos recuperados no naufraxio do Argos podería ser o do noiés desaparecido
31/07/2024 14:52
Á espera de que o confirme a autopsia
O protocolo británico marca que ata dentro de 15 días non se poderá facer a repatriación

A familia dunha das vitimas do naufraxio do Argos denuncia a falta de información
30/07/2024 13:31
O tío de Santiago Leyenda di que ninguén os mantén informados sobre a repatriación do corpo do cociñeiro
O avión cos falecidos do Argos Georgia voa esta tarde cara a Inglaterra

29/07/2024 19:32
As autopsias serán realizadas este martes en Oxfordshire e, posteriormente, os cadáveres dos galegos serán traídos a Galicia para ser enterrados polas súas familias
Francisco, sobrevivente do naufraxio: "As dúas últimas horas pensei que morriamos"
O capitán do Argos Georgia, de alta e xa coa súa familia; o primeiro oficial segue en observación

O capitán do Argos Georgia, de alta e xa coa súa familia; o primeiro oficial segue en observación
29/07/2024 11:37
O urxente agora son as secuelas psicolóxicas: o capitán, aínda que de alta, está en 'shock'
Os corpos dos falecidos serán trasladados este martes ata o Reino Unido

Os sobreviventes do naufraxio do Argos Georgia abrazan de novo a súa xente
28/07/2024 12:30
O avión militar fretado polo Ministerio de Defensa para traelos á casa aterrou en Santiago á unha da tarde
Dous dos catro mariñeiros galegos rescatados foron trasladados en ambulancia ao hospital para tratar doenzas leves
Os dous observadores científicos que ían no pesqueiro foron repatriados no mesmo voo e continuaron viaxe ata Madrid

Os superviventes galegos do Argos Georgia chegan a Santiago este domingo
27/07/2024 10:10
Tras prestar declaración, viaxan nun avión fretado por Defensa dende as illas Malvinas
Os corpos dos dous galegos falecidos no naufraxio serán trasladados ao Reino Unido
_frame_5592.png)
Chega ás Malvinas o avión para repatriar os tripulantes do Argos Georgia
26/07/2024 20:23
En marcha o operativo para repatriar as vítimas españolas do naufraxio
Unha tregua meteorolóxica permitiu retomar a busca dos desaparecidos
Chegan a terra 13 dos 14 superviventes do naufraxio nas Malvinas
24/07/2024 14:33
4 mariñeiros seguen desaparecidos
O Goberno enviará un avión militar para repatriar os mariñeiros españois
O barco que afundiu nas Malvinas puido chocar cun bloque de xeo semisomerxido

Nove falecidos, dous deles de Vigo e Baiona, no naufraxio do Argos Georgia preto das Malvinas
24/07/2024 09:30
Hai ademais catro tripulantes desaparecidos, un de Noia e outro de Ribeira
Os 14 mariñeiros rescatados con vida, catro deles galegos, chegarán ás 18:00, hora galega, ao porto de Stanley
Loito oficial en Vigo e Baiona polos tripulantes falecidos e angustia en Ribeira e Noia polos desaparecidos
O presidente da Xunta e o ministro de pesca envían as súas condolencias ás familias dos mariñeiros falecidos no naufraxio

Aumentan a oito os mortos no afundimento do Argos Georgia nas Malvinas, dous deles galegos
23/07/2024 11:32
Un dos galegos falecidos é o patrón de pesca, da parroquia viguesa de Valadares. O outro é o cociñeiro, de Baiona
Aínda hai cinco desaparecidos, dous deles españois, un galego
Entre os catorce sobreviventes estarían o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas, todos de Ribeira
Os familiares das vítimas do Villa de Pitanxo envían unha mensaxe de condolencia e solidariedade por esta nova traxedia
Emerxencia nun pesqueiro con tripulación galega que sufriu unha vía de auga

23/07/2024 09:31
Boa parte dos 27 tripulantes son galegos

Polo menos 3 mortos e 3 desaparecidos no naufraxio dun cerqueiro en Portugal
03/07/2024 09:58
A embarcación tiña 17 tripulantes a bordo, dos que once foron rescatados con vida
No momento do sinistro as condicións metereolóxicas non eran adversas

Os náufragos do Playa de Zahara iniciarán este sábado o regreso desde Fixi
07/06/2024 14:17
A previsión é que estean na casa a fin de semana ou o luns

Rescatan o tripulante dun veleiro cunha vía de auga que encallou en cabo Touriñán
07/06/2024 12:48
O operativo desenvolveuse de madrudaga, en condicións de mala mar e coa única visibilidade que daban os focos do helicóptero de rescate Helimer

O TSXG revoga a indemnización á familia do segundo patrón do Mar de Marín e exonera a armadora
06/06/2024 13:18
Apunta que a colisión co mercante Baltic Breeze foi atribuíble unicamente ao erro do mariñeiro

Rescatan en bo estado a tripulación dun pesqueiro galego tras naufragar no Pacífico
06/06/2024 11:08
A bordo do palangreiro ían 19 mariñeiros que puideron abandonar o buque nunha balsa salvavidas e posteriormente foron rescatados por outro barco

Un biólogo de pais galegos desaparece tras bater o seu barco cun atuneiro vigués
17/05/2024 22:16
A Armada de Ecuador investiga o acontecido, mentres continúa cun plan de rescate

17/04/2024 12:02
O barco participaba nunha regata entre Francia e Martinica. A organización deu aviso ao non poder contactar co seu tripulante.
Os efectivos que participan na busca deron co veleiro na mañá deste mércores, pero sen ninguén a bordo

Ascenden a 94 os falecidos no naufraxio dun barco en Mozambique
08/04/2024 08:57
Entre as vítimas hai numerosos nenos
Na embarcación viaxaban 130 pasaxeiros

As reformas non autorizadas converteron o Sempre Güeto "nun buque inseguro"
27/02/2024 11:53
No naufraxario en xuño de 2021 en Cedeira faleceran dous dos seus dez tripulantes
O informe da Ciaim engade que "as condicións de flotabilidade e estabilidade precarias agraváronse aínda máis pola adición de artes sobre cuberta de peso moi superior ao autorizado"