500 anos de historia do mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras
No ano 1523 instaláronse os frannciscanos, e ao longo da súa historia sufriu varios incendios
Arquitectos e historiadores da Limia realizaron o informe para que a Xunta declare este monumento Ben de Interese Cultural de Galicia
Despois de moitos anos de abandono, están en marcha unhas obras de recuperación grazas a un convenio entre o Concello de Xinzo de Limia e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil
A veciñanza agarda por unha rehabilitación integral do mosteiro para a súa definitiva posta en valor
E este Nadal fixo 500 anos desde que un dos mellores monumentos arquitectónicos da comarca da Limia, o mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras, fora habitado polos primeiros franciscanos. Unha data que serve para reivindicar a súa importancia histórica e agarda pola declaración de Ben de Interese Cultural para acadar unha rehabilitación completa.
Fai xusto 500 anos, no 1523, tan só tres anos despois da súa construción, os primeiros franciscanos instaláronse neste mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras. Un lugar singular que sufriu dous incendios, os ataques dos franceses e moitos anos de abandono.
Para compensar o desagravio, o historiador Alexander e arquitecto Manuel realizaron o informe co que agardan sexa por fin declarado Ben de Interese Cultural de Galicia.
Unha débeda histórica coa veciñanza da Limia, que leva case medio século vendo como esmorecían as súas ruínas.
Cun pasado convulso e un futuro incerto o Centro de Cultura Popular do Limia loita pola posta en valor do Bon Xesús de Trandeiras.