Publicador de contidos

Publicador de contidos

A alerta laranxa polo temporal de hoxe provoca a suspensión dos partidos previstos en Galicia

A alerta laranxa polo temporal de hoxe provoca a suspensión dos partidos previstos en Galicia

A chegada da borrasca de grande impacto Herminia provocou as suspensións

O Rácing-Burgos, adiado a última hora pola Liga logo da petición do Concello de Ferrol

Quedan adiados tamén o Celta F-Lugo, o Arenteiro-Barakaldo, o Compostela-Fabril, o Pontevedra-Numancia e a totalidade dos partidos da 3ª

Foto: @RFGF Foto: @RFGF
G24.gal 25/01/2025 20:55

A borrasca de grande impacto Herminia chegou Galicia. Está afectando a nosa comunidade, con alerta laranxa no mar e por chuvia. Pola tarde activarase tamén por vento. Así as cousas, a Federación Galega de Fútbol anunciou onte que, nos concellos con alerta laranxa, quedaban suspendidas as actividades ao aire libre.

Así, quedaba adiada gran parte da xornada de Terceira. Xa pola noite, a Federación Galega emitía unha actualización, suspendendo os partidos nas provincias da Coruña e Pontevedra, así como os das outras provincias que implicasen desprazamentos de equipos destas provincias. 

Así as cousas, o Barbadás anunciaba pola noite o adiamento do seu partido contra o Gran Peña, mentres o Somozas facía o propio co seu encontro diante do Estradense. Finalmente, esta mesma mañá, a Federación suspendía tamén o U. D. Ourense-Rácing Vilalbés, polo que quedaba adiada a xornada enteira na Terceira.

 

Nas categorías superiores foi a Federación Española a encargada de rubricar os aprazamentos. Así, quedan en suspenso o Celta Fortuna-C. D. Lugo, que lles iamos ofrecer en directo na G2 e AGalega.gal (18h), e tamén o Arenteiro-Barakaldo.

Na Segunda Federación foron adiados o Pontecedra-Numancia e o Compostela-Fabril, programado na G2 e Agalega.gal ás 12 da mañá. Búscase unha nova data para todos eles.

O Concello de Ferrol solicitoulle á Liga a suspensión do Rácing-Burgos, que xa se atopaba comendo en León e, logo de toda a tarde agardando, a Liga facía pública a última hora a decisión de adiar o partido, que queda pendente dunha nova data para a súa disputa.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar