Publicador de contidos

Publicador de contidos

A asignación a Stellantis de Vigo da produción de coches eléctricos garante carga de traballo para unha década

A asignación a Stellantis de Vigo da produción de coches eléctricos garante carga de traballo para unha década

Tras dous anos de transición para adaptar as instalacións, o proxecto inclúe un calendario de traballo desde 2027 ata 2037

A nova plataforma permitirá producir coches do segmento B, máis pequenos e cunha autonomía de ata 500 quilómetros

G24.gal 23/01/2025 13:53

Comeza para a factoría viguesa un período de adaptación que se estenderá ata o 2026, cando xa estará implementada a plataforma STLA Small, e sería no 2027 cando a planta xa podería estar fabricando os novos modelos eléctricos desde Vigo

A nova plataforma permitirá producir coches do segmento B, máis pequenos e cunha autonomía de ata 500 quilómetros. Á espera de coñecer máis detalles quizais durante a visita privada á factoría este xoves do directivo francés Jean-Philippe Imparato, os traballadores celebran a noticia.

Trátase dun paso decisivo que sitúa a Galicia xunto aos líderes mundiais da automoción. 

Deste xeito a planta de vehículos máis produtiva de España garante a carga de traballo para os próximos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos