Cargando resultados...
A autopsia reforza a hipótese dun atropelo con condutor á fuga no caso do morto da AP-9 en Vigo
A autopsia practicada ao cadáver recolle que presentaba un golpe no cranio compatible cun accidente deste tipo

G24.gal
27/12/2024 12:09
Novidades no caso do home de 33 anos que apareceu morto na mañá no día de Nadal nun dos carrís de acceso da AP-9 ao barrio vigués de Teis. O informe forense referenda a hipótese principal coa que traballan as forzas da orde: a dun atropelo mortal en que o condutor implicado escapou do lugar dos feitos.
A autopsia practicada ao cadáver recolle que presentaba un golpe no cranio compatible cun accidente deste tipo. O caso lévao o Xugado de Instrución número 8 de Vigo. As cámaras de vixilancia da autoestrada poden ser a chave para dar co autor do atropelo.