A candidatura de Barbero é a única presentada para liderar Sumar Galicia
A Asemblea Xeral celebrarase o vindeiro sábado 23 de novembro en Santiago de Compostela

A candidatura que lidera a portavoz de Sumar no Congreso dos Deputados, Verónica Martínez Barbero, é a única rexistrada para dirixir a formación tras a Asemblea Xeral que se celebrará o vindeiro sábado 23 de novembro en Santiago de Compostela.
A Comisión Promotora de Movemento de Sumar Galicia deu luz verde á única candidatura presentada en tempo e forma para a nova Coordinadora Nacional da formación.
A candidatura conta con 30 persoas titulares e 8 suplentes, entre as que se inclúe Barbero como candidata a presidenta da formación; Paulo Carlos López como candidato á Secretaría Xeral, e o deputado Manuel Lago Peñas como número 3.
A persoa que pecha a lista é Marta Lois, que fora candidata ás eleccións autonómicas pola formación pero que, tras non conseguir escano no Parlamento de Galicia, volveu á docencia e actualmente é decana da Facultade de Políticas da Universidade de Santiago (USC).