Trump e Sheinbaum acordan o atraso dun mes na entrada en vigor dos aranceis a México
A presidenta mexicana promete despregar 10.000 axentes da Garda Nacional na fronteira para evitar o tráfico de drogas
Os Estados Unidos comprométense a traballar para evitar o tráfico de armas de alto poder a México
Albares avisa de que a UE ten "os instrumentos" para defenderse dos aranceis de Trump

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, confirmou este luns a súa decisión de atrasar un mes a entrada en vigor dos aranceis do 25 % a México tras unha conversación telefónica coa súa homóloga mexicana, Claudia Sheinbaum, quen se comprometeu a despregar 10.000 efectivos da Garda Nacional na fronteira común.
Nunha mensaxe na súa rede Truth Social, Trump explicou que durante ese mes de suspensión levarán a cabo negociacións entre ambos os países, que por parte dos EUA estarán encabezadas polo secretario de Estado, Marco Rubio, o secretario do Tesouro, Scott Bessent, e o secretario de Comercio, Howard Lutnick.
Minutos antes, a presidenta mexicana, Claudia Sheinbaum, xa informara da pausa dos aranceis a través das súas redes sociais, onde trasladou unha serie de acordos.
Sostuvimos una buena conversación con el presidente Trump con mucho respeto a nuestra relación y la soberanía; llegamos a una serie de acuerdos:
— Claudia Sheinbaum Pardo (@Claudiashein) February 3, 2025
1.México reforzará la frontera norte con 10 mil elementos de la Guardia Nacional de forma inmediata, para evitar el tráfico de drogas…
A gobernante mexicana destacou, tras a primeira chamada que sostivo con Trump tras o seu anuncio oficial de aranceis o sábado, que "México reforzará a fronteira norte con 10.000 elementos da Garda Nacional de forma inmediata, para evitar o tráfico de drogas de México a Estados Unidos, en particular fentanilo".
En segundo termo, afirmou que "os Estados Unidos comprométense a traballar para evitar o tráfico de armas de alto poder a México".
"Os nosos equipos empezarán a traballar hoxe mesmo en dúas vertentes: seguridade e comercio", concluíu.
A Casa Branca anunciara o sábado que a partir do martes habería aranceis do 25 % a todos os produtos mexicanos en represalia polo déficit comercial, a migración irregular e o tráfico de fentanilo.
Na súa xustificación, Washington argumentou que “os cárteles teñen unha alianza co Goberno de México e poñen en perigo a seguridade nacional e saúde pública dos Estados Unidos”.
En resposta, Sheinbaum avisou o sábado que este luns anunciaría o seu “plan B” con medidas arancelarias e non arancelarias, ademais de tachar á Casa Branca de facer acusacións “terriblemente irresponsables”.
Os aranceis preocupan a México por ser o maior socio comercial dos Estados Unidos, cun valor de exportacións a ese país de 490.183 millóns de dólares en 2023, case o 30 % do produto interior bruto (PIB) mexicano, segundo un reporte do Instituto Mexicano de Competitividade (IMCO).
Minuto a minuto
probando minuto a minuto