Cargando resultados...
A discoteca La Luna de Pontevedra reabre despois de vinte meses
As entradas da venda anticipada levaban días esgotadas
G24.gal
30/10/2021 20:48
Pasaron exactamente dezanove meses e vinte e dous días desde o peche. A discoteca La Luna volveu abrir as súas portas en Pontevedra e fíxoo por todo o alto, coas entradas da venda anticipada esgotadas desde hai días, expectación na entrada e moita ilusión por reconquistar a pista de baile.
Os focos están prendidos e a música soa de novo en La Luna, que regresa con todas as medidas de seguridade: coa máscara obrigatoria, o rexistro de clientes, a esixencia do certificado de vacinación e coa formación específica de todo o persoal completada.
