Publicador de contidos

Publicador de contidos

A escasa chuvia da primavera marca un verán ameazado pola seca

A escasa chuvia da primavera marca un verán ameazado pola seca

Algúns concellos xa tiveron cortes puntuais na subministración

Expertos e administración piden concienciar no aforro da auga

G24.gal 04/06/2022 15:30

A primavera cálida e sen chuvia marca un período estival onde as restricións de auga poden chegar a diversos concellos de Galicia. De feito, algúns do sur da provincia de Lugo xa tiveron cortes puntuais na subministración. A seca ameaza o verán mentres expertos e administración falan da necesidade de concienciar no aforro da agua. 

A primavera pechou climatoloxicamente esta semana como unha das máis secas e cálidas desde que hai rexistros. Escasas precipitacións nun trimestre onde maio rachou todas as medias. Para aforrar auga da traída convén restrinxir o seu uso nos parques, nas piscinas ou nas instalacións deportivas, ante a previsión que se espera para o verán. A Xunta tamén se pronunciou en varias ocasións sobre a necesidade dun consumo responsable.

Reeducar a nosa sociedade é imprescindible de cara ao futuro e tamén mellorar a eficiencia do recurso hídrico en moitos lugares do país.

O reto é aumentar 20 puntos as augas de calidade para chegar ao 100 % en 2027. Xunto co das illas Baleares, o plan galego será o primeiro en dotar de rango de lei as medidas de protección das bacías, e en afrontar o reto do cambio climático.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar