Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Feira Franca de Betanzos recreou un torneo medieval

A Feira Franca de Betanzos recreou un torneo medieval

Durante tres días, a vila engalanouse para rememorar o seu pasado

Houbo postos de artesanía, espectáculos na rúa, xogos e música na XXIV edición da feira

G24.gal 09/07/2023 21:39 Última actualización 09/07/2023 21:47

Un espectáculo de danza e unha función teatral na praza da Constitución despediron a Feira Franca de Betanzos. A vila engalanou as rúas da zona vella e rememorou o seu pasado medieval cun mercado de artesanía e con espectáculos como o torneo de cabalería que na tarde do domingo espertou unha grande expectación na praza dos Irmáns García Naveira.

A chegada do conde de Andrade, o incendio que asolou Betanzos no século XVI ou a expulsión dos leprosos foron algúns dos acontecementos recreados durante os tres días da vixésimo cuarta edición da feira, declarada de interese turístico de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade