A ilusión dos nenos espallada polos fogares de Galicia tras a noite de Reis
As súas maxestades non faltaron á súa cita deixando unha morea de xoguetes
Os máis pequenos da casa madrugaron moito para gozar da mañá máis especial do ano. Os agasallos deixaron contentos a case todos, tanto é así, que non tardaron en baixar ás rúas para estrear os novos xoguetes neste día que amenceu bastante solleiro.
A ilusión enchía esta mañá moitos fogares de Galicia. As súas maxestades non faltaron á súa cita deixando unha morea de agasallos Sobran as palabras escoitando os berros de alegría dos máis pequenos.
Pero os máis grandes tampouco quedan atrás e ían cantando os agasallos coma no sorteo da lotaría do neno. E nada mellor que baixar á rúa para estrear estes novos xoguetes e amosalos aos amigos.
E a estas horas os Reis Magos xa están descansando despois dunha noite esgotadora mentres os pequenos desfrutan. Agora a portarse ben, para que o ano que vén sexan aínda mellores.