Cargando resultados...
Primeiras horas de xogo cos agasallos que os Reis Magos deixaron nos fogares galegos
G24.gal
06/01/2025 21:14
Última actualización 06/01/2025 21:36
Son as primeiras horas para xogar e gozar dos agasallos que pouco antes os Reis Magos deixaran nos seus fogares. É o momento da estrea de xoguetes para os pequenos e pequenas.
A xornada deu comezou cargada de emocións. Entre nervios, sorpresas e a ledicia que deixaron ao seu paso por Galicia Mechor, Gaspar e Baltasar.
Unha emoción vivida polos máis pequenos e compartida tamén polos maiores. Agora só queda seguir a portarse ben para que o próximo ano sexan aínda mellores.