Os Reis Magos visitan os nenos no hopital de Ourense
Coa axuda dos bombeiros os Reis Magos chegaron ao hospital de Ourense
Melchor Gaspar e Baltasar levaron ilusión, agarimos e agasalllos a todos os nenos que tiveron que pasar estas datas ingresados
Tamén subiron no guindastre do camión de bombeiros para saudar desde as fiestas a todos os pacientes do CHUO
Despois dunha noite de moito traballo para repartir os agasallos polas casas, os Reis Magos aínda sacaron tempo para visitar os cativos e os maiores ingresados no hospital de Ourense. Coa axuda dos bombeiros da cidade subiron no guindastre do camión para achegarse saudar desde as fiestras. E algúns pequenos e pequenas puideron recibir os agasallos das propias mans das súas maxestades de Oriente.
Coa axuda dos bombeiros os Reis Magos chegaron esta mañá ao hospital de Ourense. Antes de emprender a longa viaxe de volta a Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar quixeron visitar as pequenas e os pequenos que están estes días ingresados. E repartiron agarimos e agasallos.
Alegría nun día máxico. Alira quería quedar soa para abrir o seu agasallo coa súa nai e entón si que sorriu de alegría. E Ariadna quedou moi contenta, pero... ela di que quería un camión de bombeiros e un coche de policía e recibiu unha boneca. Pero como estaban alí os bombeiros prometéronlle que cando se recuperase podería visitalos e montar nun camión de verdade. Ese si que foi un grande agasallo.
E os acabados de nacer como Álvaro non se acordarán, pero tamén recibiron o seu primeiro agasallo de Reis. E o pequeno si que foi o mellor agasallo de Reis para a súa nai e o seu pai.
E finalmente as súas maxestades subiron no guindastre do camión de bombeiros para levarlles ilusión e moita forza a todos os pacientes.