A neve condiciona a circulación na A-6 en Pedrafita
A DXT pide circular con precaución na A-6 e na A-52 nas zonas limítrofes de Galicia e Castela e León

A neve volveu este domingo a zonas altas da montaña de Lugo. Segundo informa a DXT, é necesario circular con precaución pola Autovía do Noroeste ao seu paso por Pedrafita do Cebreiro.
📢❄️Además, por nieve, afectada la autovía A-6 en dos puntos:
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) January 19, 2025
➡️En León, en los entornos de Astorga y Ponferrada
➡️En Lugo, a su paso por Piedrafita del Cebreiro.
🟢Ambas, afectadas en nivel verde (Transitable con precaución) pic.twitter.com/s5Nb9Jett1
Nesta mesma autovía recomenda circular con precaución tamén na contorna de Ponferrada e Astorga, xa en Castela-León.
Tamén está en nivel verde, transitable con precaución, a outra autovía de acceso a Galicia desde Zamora, a A-52, concretamente na contorna de Padornelo e Requejo.