Cargando resultados...
Unha tormenta invernal pon en alerta máis de 60 millóns de persoas nos Estados Unidos
O Servizo Metereolóxico Nacional anuncia as peores nevadas da última década no centro do país

G24.gal
06/01/2025 19:50
Última actualización 06/01/2025 19:56
Unha tormenta invernal está causando estragos nos Estados Unidos. O sistema trae consigo unha perigosa mistura de neve, xeo, vento forte e descenso das temperaturas, que teñen en alerta a máis de 60 millóns de persoas, sobre todo no centro do país.
O Servizo Meteorolóxico Nacional prognostica as peores nevadas da última década e advirte de que as temperaturas poden caer ata 11 graos por baixo do normal.