Cargando resultados...
A OPEP pón un 1,5 % máis de petróleo no mercado en xullo e agosto
Acorda producir 648.000 barrís máis a cotío dous meses despois de que a UE decidise un veto parcial ao petróleo ruso

G24.gal
03/06/2022 07:58
A Organización de Países Exportadores de Petróleo, OPEP, aumenta a oferta de súa produción de cru o 1,5 por cento nos meses de xullo e agosto. Isto supón que o mercado disporá de 648.000 barrís máis cada día.
O acordo da OPEP chega na semana en que a Unión Europea acordou un veto parcial sobre o petróleo ruso. Pero o aumento sinalado non compensa o cru que deixará de saír de Rusia coas sancións occidentais, entre dous e tres millóns de barrís diarios. De feito, a medida da OPEP apenas variou a cotización do petróleo en Europa.