Cargando resultados...
A ovella Maruxiña pare catro años en Brión
En dous anos tivo 10 crías

G24.gal
23/03/2023 20:45
Maruxiña é xa unha ovella famosa. E todo porque o pasado sábado pariu catro años vivos, dous machos e dúas femias.
Ter tantas crías nunha soa vez é unha circunstancia inusual nesta especie.
Maruxiña xa pariu tres veces. Nos dous partos anteriores tivo tres años en cada un.
É unha ovella farturenta, que sempre consegue alimentar as súas crías con éxito e que enche de alegría os seus donos.
E é que en só dous anos xa tivo 10 años.
Agora é coñecida en todo o país e a súa historia xa se comeza a facer viral nas redes.