Cargando resultados...
A presidenta do PP de Vigo deixará a política tras as eleccións autonómicas
Marta Fernández-Tapias asegura que se trata dunha "aposta pola súa vida persoal"

G24.gal
02/02/2024 21:18
A presidenta do PP de Vigo, portavoz municipal e vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Marta Fernández-Tapias, anunciou este venres que deixará a política tras as eleccións autonómicas do 18 de febreiro.
Cunha concisa mensaxe na rede social X, Fernández-Tapias confirmou que, tras os comicios galegos, iniciará "unha nova etapa", apartada da vida política. "Aposto pola miña vida persoal", expón na súa mensaxe.