Cargando resultados...
A primeira ministra de Finlandia vese envolta noutra polémica arredor doutra festa
Descúlpase por unha foto de dúas mulleres bicándose en topless na súa residencia oficial

G24.gal
24/08/2022 20:59
A primeira ministra de Finlandia volve protagonizar unha nova polémica no país. Só un día despois de que o test de drogas negativo pechase a polémica sobre o vídeo en que aparecía de festa, agora Sanna Marins pide desculpas por unha fotografía durante outra festa.
A imaxe foi tomada na súa residencia oficial e nela aparecen dúas influencers coñecidas no país bicándose en topless, e cun cartel enriba do peito no que se lee a palabra Finlandia. A propia ministra cualifica foto de "inapropiada".