Cargando resultados...
A Xunta oficializa o peche ata maio da campaña marisqueira en Noia
Este xoves aprobouse unha veda adiantada na ría por causas "de forza maior"

G24.gal
03/11/2023 19:55
Última actualización 03/11/2023 20:54
A Consellería do Mar emitiu este venres unha resolución que obriga a pechar os bancos marisqueiros en Noia. Este plan de xestión do marisqueo comezou o pasado xoves, día 2, e finalizará nos últimos meses do ano.
A medida, informa a Xunta, tómase pola petición realizada dende a confraría de Noia ante a drástica caída de capturas e a necesidade de garantir a supervivencia da cría das distintas especies da zona, en especial o berberecho.
Esta veda, aberta "por causa de forza maior, afecta ao marisqueo a pé e en embarcación e estenderase todo un semestre, de novembro a decembro de 2023 e de xaneiro a abril de 2024".