Publicador de contidos

Publicador de contidos

A redución do IVE da luz suporá un aforro duns 5 euros de media nos fogares

A redución do IVE da luz suporá un aforro duns 5 euros de media nos fogares

 Os españois serán, xunto cos malteses, os europeos co IVE máis baixo para a luz

G24.gal 23/06/2022 14:00

A redución do IVE ao 5 % na factura da luz, suporá uns 60 euros de media de aforro ao ano nos fogares españois. Ileana Izverniceanu, directora de Comunicación e Relacións Institucionais da OCU, explica que estiman que "a rebaixa repercute nunha factura dun fogar medio uns 4,5 euros".

Esta baixada aplicarase a todas as tarifas, tanto a libre como a regulada, pero non beneficiará todos os consumidores por igual.

Pablo Valcárcel Millán, xerente dunha consultora enerxética, matiza que "o IVE se aplica sobre o 100 % da factura e sobre todos os conceptos contidos nela, como o imposto eléctrico ou a potencia contratada".

As demandas da OCU van máis alá, Izverniceanu, si que saben que "os impostos son necesarios" pero matizan que "nestes momentos tan precarios hai que dar prioridade. Cremos que o Goberno ten que pensar en suspender temporalmente non só o IVE eléctrico, senón tamén o dos carburantes e o da alimentación básica".

Os consumidores temen que a medida non sexa suficiente para facer fronte ás súas facturas. Os españois serán, xunto cos malteses, os europeos co IVE máis baixo para a luz. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar