A reunión preparatoria da conferencia de presidentes será o 28 de outubro en Madrid
Está previsto que a conferencia deste ano se centre na vivenda

O Ministerio de Política Territorial convocou as comunidades autónomas a unha reunión o próximo 28 de outubro en Madrid para aprobar a orde do día da anunciada Conferencia de Presidentes, que se centrará en vivenda.
O responsable do departamento, Anxo Víctor Torres, remitiu este xoves unha carta aos presidentes autonómicos para citalos o 28 de outubro, ás 12:30 horas na sede do Ministerio, a unha reunión do Comité Preparatorio da Conferencia de Presidentes, que se celebrará en Cantabria nunha data aínda sen determinar polo Goberno.
Na misiva, Torres trasladou ademais aos dirixentes territoriais a necesidade de que designen un membro do seu Consello de Goberno para que participen na reunión.
O Comité Preparatorio estudará a proposta de nomeamento do secretario xeral e os puntos da orde do día da Conferencia, algúns deles propostos polos presidentes autonómicos.