Cargando resultados...
A terceira mellor hamburguesa de España, con sinatura de Lucía Freitas e carne da Terra Chá
Todo un recoñecemento para esta gandería de Vilalba que aposta polo pastoreo e o benestar animal

G24.gal
07/03/2023 22:03
Última actualización 07/03/2023 22:10
Velaí a terceira mellor hamburguesa de España, con selo galego. Falamos da Japan Burguer, da chef compostelá Lucía Freitas e feita cunha mestura de produtos xaponeses e galegos.
Brioche compostelá, queixo fundente e repolo de Galicia aos que se suma o produto estrela, a mellor carne criada en Galicia, concretamente na Terra Chá lucense.
Todo un recoñecemento para esta gandería de Vilalba que aposta polo pastoreo e o benestar animal.