Cargando resultados...
A UE ábrelle expediente a España pola contratación pública
Cre que incumpre a normativa europea en dous aspectos da lei

Antón Montero
02/12/2021 20:57
A Comisión Europea ábrelle expediente sancionador a España por incumprir as normas europeas en materia de contratación pública.
Bruxelas cre que a lexislación española non cumpre as esixencias comunitarias no referido á modificación de contratos e ao cálculo do valor estimado en casos específicos. España ten dous meses para corrixir estas deficiencias.