Cargando resultados...
A UE aproba o noveno paquete de sancións contra Rusia
Desbloqueados os 18.000 millóns de axudas a Ucraína

G24.gal
16/12/2022 08:09
A Unión Europea aprobou a novena rolda de sancións contra Rusia pola guerra en Ucraína. Inclúe castigos contra 144 persoas e 48 empresas rusas e tamén a prohibición de exportar drons a Moscova e a terceiros países como Irán para evitar que lle proporcionen armas de orixe europea con que bombardear cidades ucraínas.
Tamén se desbloquearon os 18.000 millóns de euros que os Vinte e sete transferirán a Ucraína en 2023, despois de que Polonia levantase o bloqueo que mantiña.