Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE esíselle a España un imposto ao diésel para poder desbloquear o quinto pago do plan de recuperación

A UE esíselle a España un imposto ao diésel para poder desbloquear o quinto pago do plan de recuperación

Os ministros de Economía e Finanzas aprobaron este martes a senda fiscal remitida por España para os vindeiros sete anos

O ministro de Economía Carlos Cuerpo participou na xuntanza do ECOFIN
G24.gal 21/01/2025 20:39

A Unión Europea esíselle a España a aprobación dun imposto ao diésel para poder desbloquear o quinto pago do plan de recuperación. A medida enfronta o Goberno con Podemos, que xa avisou que só apoiará se se impulsa un gravame permanente ás compañías eléctricas, que, á súa vez, ten o rexeitamento de Junts e do PNV.

Os ministros de Economía e Finanzas aprobaron este martes a senda fiscal remitida por España para os vindeiros sete anos e tamén os cambios propostos no plan de recuperación do país, que recollen a adopción dese novo imposto como un dos requisitos para desbloquear o quinto dos pagos, que ascende a 25.000 millóns de euros.
Esta quinta petición depende agora, polo tanto, de 84 fitos e obxectivos que, segundo Bruxelas, incrementarán “de forma permanente” os ingresos, a recadación, nun 0,3 % do PIB no momento da súa entrada en vigor.

Porén, a suba do diésel enfronta o goberno, a dous meses de que a Comisión avalíe o cumprimento destes obxectivos. Malia todo, o ministro de Economía Carlos Cuerpo confía en poder aprobalo antes do 21 de marzo. Se o Executivo considera que España non adoptou todos os puntos, pode decretar soamente un pago parcial deste plan de recuperación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade