Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vitoria do Ensino permítelle saír dos postos de descenso

A vitoria do Ensino permítelle saír dos postos de descenso

Só as luguesas lograron a vitoria na xornada da Liga Feminina de baloncesto

O Baxi perdeu na última décima en Zaragoza e o Celta caeu diante do Jairis

G24.gal 15/12/2024 14:31

O Durán Maquinaria Ensino conseguiu unha clara e necesaria vitoria na pista do IDK Euskotren (46-75). O partidazo de Claudia Soriano con 29 puntos e 43 de valoración (8 recuperacións) permítelle saír dos postos de descenso e meterse no grupo de equipos que teñen tres vitorias. O partido estaba encamiñado ao descanso (24-39) e acabou de sentencialo no segundo tempo tendo en conta que o average tamén pode ser importante. 

Derrotas do Celta e do Baxi Ferrol

O Baxi Ferrol perdeu na última décima de segundo na pista do Zaragoza. Un palmeo de Gatling a 0,1 do remate valeulles ás locais para gañar por 73-72 nun partido que estivo sempre moi apertado (36-36 ao descanso) e de gran calidade. 

O Celta pagou un mal primeiro cuarto (14-25) diante do Jairis e tocoulle ir a remolque ao longo do encontro. Non puido achegarse por debaixo dos dez puntos en ningún intre e a súa resistencia acabou no último cuarto no que diferenza se disparou ata os 23 puntos (55-78). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade