Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xestión da vertedura de 'pellets' enfronta o PP co Goberno no Congreso

A xestión da vertedura de 'pellets' enfronta o PP co Goberno no Congreso

Tellado acusou o Goberno de inacción mentres que o ministro acusou a Xunta de pedir cousas imposibles mentres tiña os seus propios medios parados

G24.gal 07/02/2024 17:44 Última actualización 07/02/2024 18:49

A xestión da vertedura de pellets en Galicia centrou este mércores un debate entre o ministro de Transportes, Óscar Puente, e o parlamentario do PP, Miguel Tellado.

Tellado acusou o Goberno de inacción, de non recoller ningún saco de pellets no mar e de querer converter esta vertedura nun novo Prestige.

O ministro de transportes acusou a Xunta de mala xestión e de querer desviar a responsabilidade cara o Goberno ao esixir a recollida de pellets no mar, algo que os expertos consideran imposible, en vez de centrarse na chegada a terra. 

Puente tamén acusa a Xunta de ter os seus propios barcos parados mentres pedía medios ao Goberno central. E celebrou que a vertedura non fose da dimensión do Prestige porque, segundo afirmou, volvería a ocorrer o mesmo ca hai 20 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade