Cargando resultados...
A xuízo a familia de Ourense que distribuía droga en patinete
Eran unha nai, o fillo e a súa parella sentimental

G24.gal
22/02/2023 08:22
Na Audiencia Provincial de Ourense está previsto que se celebre hoxe o xuízo contra tres membros dunha familia acusados de tráfico de drogas que foran detidos en xuño de 2021.
Son unha muller, o seu fillo e a parella sentimental dela. Están acusados de poñer en marcha unha rede ilegal de distribución de cocaína e haxix por Ourense. Entre outros medios de transporte, movíanse en patinete eléctrico. A fiscalía pide para eles catro anos de prisión por tráfico de drogas e doce anos por un delito contra a saúde pública.