Publicador de contidos

Publicador de contidos

A xuíza do Alvia censura a defensa das aseguradoras por usar datos das redes sociais das vítimas

A xuíza do Alvia censura a defensa das aseguradoras por usar datos das redes sociais das vítimas

O letrado alegou que era información de acceso público

G24.gal 22/02/2023 14:37

Continúa o relato xudicial das vítimas do Alvia para valorar os danos e as secuelas do accidente.

Unha nova quenda de afectados declarou este mércores na sala especial da Cidade da Cultura lembrando as vivencias do momento e todo o que mudou a súa vida tras o impacto inicial. 

Os testemuños recollen unha sucesión de perdas e lesións irreparables ou difíciles de levar aínda unha década despois. Relatan a batalla cotiá contra a ausencia permanente ou contra a discapacidade que perdura.

Unha das secuelas que se repite en moitos casos é o temor a viaxar, en especial en tren ou en avión, algo que os avogados das aseguradoras tentan poñer en cuestión ás veces. 

Na sesión de hoxe, a maxistrada censurou expresamente a maneira na que unha das defensas facía ese cuestionamento,  baseándose en imaxes e vídeos das redes sociais da vítima. O letrado alegou que era información de acceso público, pero a xuíza pediulle "un pouco de boa fe" e que se limitase á información que figuraba na causa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade