A xuíza do caso Alvia ás vítimas: "Entendo perfectamente o seu sufrimento"
A maxistrada fixo esta declaración tras escoitar os testemuños de varias vítimas que reclaman "verdade, xustiza e reparación"
No xuízo polo accidente do Alvia presenciamos este mércores unha declaración inusual: a maxistrada manifestou a título persoal a súa solidariedade e proximidade coas vítimas.
Nesta xornada declararon 4 irmáns e o pai dun mozo falecido na traxedia. Todos lamentaron o trato recibido durante este tempo por parte das administracións. Unha insistencia, que levou a mesma xuíza a mostrar a súa empatía coas vítimas.
"Entendo perfectamente o seu sufrimento. Xa o dixen varias veces, non hai sentenza que poida palialos. E, se por riba, para dilucidar que é o que pasou pasan moitos anos e vense inmersos nun proceso xudicial, aínda é peor. O bo sería que isto acabase da mellor maneira posible e que poidan seguir", di Elena Fernández Currás, xuíza do caso Alvia.