Cargando resultados...
A Xunta Electoral Central insta o Parlamento de Cataluña a que lle retire a acta de deputada a Laura Borràs
A Xunta Electoral Central insta o Parlamento de Cataluña a que lle retire a acta de deputada a Laura Borràs
Argumenta que a súa condena por prevaricación é incompatible co escano

G24.gal
13/04/2023 20:30
Última actualización 13/04/2023 20:35
A Xunta Electoral Central dálle dez días ao Parlamento de Cataluña para que se pronuncie sobre a retirada do escano a Laura Borràs.
A expresidenta da cámara catalá foi condenada polo Tribunal Superior de Xustiza autonómico a catro anos de prisión e trece de inhabilitación polos delitos de prevaricación e falsidade documental.
Atendendo ás reclamacións que presentaron PP, Ciudadanos e Vox, a Xunta Electoral determina que Borrás non pode ser deputada despois da condena.