Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta incrementa o límite de renda para poder optar a vivenda protexida

A Xunta incrementa o límite de renda para poder optar a vivenda protexida

G24.gal 20/01/2025 14:24 Última actualización 20/01/2025 14:50

O Consello da Xunta acordou este luns incrementar o límite de renda para poder adquirir vivenda pública, ben sexa a construída pola propia Administración ou ben a executada por promotores privados con algún tipo de protección.

"Facémolo coa finalidade de chegar a máis cidadáns", dixo Alfonso Rueda, quen anunciou que para acceder a unha vivenda de promoción pública "a renda da unidade familiar antes non podía ser superior a 2,5 veces o IPREM, e agora elévase e pasa a 3 veces o IPREM"

"Para as vivendas de promoción autonómica, as que se fan en colaboración público-privada, tamén elevamos o limiar medio punto", explicou Rueda.

Como exemplo práctico, o presidente da Xunta dixo que no caso dunha parella cun fillo, "antes o límite estaba en 26.250 euros anuais e agora elévase a 31.500 no caso da vivenda pública promovida pola Xunta directamente".

Nese mesmo caso, tratándose de vivenda de protección autonómica, os límites pasarían de "47.250 euros a 52.500".

Campamentos dixitais

A Xunta tamén aprobou que os centros educativos poidan ofrecer campamentos de verán destinados a formar a alumnos, de entre 9 e 17 anos, en competencias dixitais básicas e avanzadas.  

Segundo explicou Alfonso Rueda serán os propios colexios os que terán que solicitar participar nestas iniciativas. Os menores estarán atendidos "por profesionais especializados" na materia.

A Xunta destinará en total 2 millóns de euros a esta iniciativa que permitirá aos alumnos participantes obter un certificado de 30 horas de formación en competencias dixitais, xa sexan básicas ou avanzadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos