Cargando resultados...
A Xunta reclámalle ao Goberno central que financie os gastos da acollida de refuxiados ucraínos
Así llo trasmitiu a conselleira de Política Social ao ministro José Luis Escrivá

G24.gal
22/06/2022 20:30
A Xunta reclámalle ao Goberno central que financie todos os gastos que están tendo as comunidades para atender aos refuxiados ucraínos.
Así llo transmitiu a conselleira de Política Social ao ministro José Luís Escrivá nunha videoconferencia que mantiveron esta tarde.
Fabiola García pediulle ampliar as achegas máis alá da educación e da sanidade, xa que as comunidades estanse facendo cargo tamén de cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa ou produtos de hixiene.
Ademais, insta o Goberno a sufragar tamén as axudas postas en marcha pola Xunta para escolarizar os pequenos de 0 a 3 anos.