Cargando resultados...
Morre unha muller e outra queda ferida grave nun accidente en Meis
Un Porche levou por diante a moto en que viaxaban

G24.gal
16/09/2022 14:20
Última actualización 17/09/2022 08:39
Unha muller morreu e outra resultou ferida grave despois de que un coche levara por diante a moto en que viaxaban. Ocorreu pasadas as 21:30 horas nunha recta do lugar da Goulla, na estrada PO-531.
Un Porsche que circulaba en sentido Vilagarcía de Arousa bateu contra o ciclomotor cando estaba facendo unha manobra de adiantamento.
Como consecuencia do forte impacto, unha das mulleres xa morreu no lugar. A outra, gravemente ferida, foi evacuada en ambulancia ao hospital de Montecelo, en Pontevedra.
As dúas mulleres -tía e sobriña- son veciñas de Armenteira, segundo confirmou Protección Civil de Meis, que acudiu a prestar auxilio no punto do accidente.