Publicador de contidos

Publicador de contidos

Permanece máis de media hora atrapada baixo un tractor no Riós

Permanece máis de media hora atrapada baixo un tractor no Riós

A muller estaba a rozar un terreo da súa propiedade no lugar do Souto e o vehículo envorcou

Arquivo
G24.gal 17/09/2026 15:45 Última actualización 18/09/2026 14:44

Foi un veciño que ía traballar noutra leira o que escoitoi os berros da vítima. A muller estaba a limpar unha zona de pendente dende o camiño cando perdeu o control do tractor. Ao ver que ía envorcar, saltou pero o vehículo acabou víndolle enriba.

Quedáronlle as pernas atrapadas pola roda traseira. Estivo arredor de 40 minutos pedindo axuda ata que a sentiu Pepe. Foi avisar máis xente para poder levantar o tractor e liberala.

A gravidade das feridas levou os equipos sanitarios a mobilizar o helicóptero para trasladala ao hospital. En principio, ten unha perna rota. A pesar da aparatosidade do accidente, na zona respiran tranquilos porque, din, puido ser moito peor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade