Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un equipo con participación viguesa descobre o individuo máis antigo de 'Homo erectus'

Un equipo con participación viguesa descobre o individuo máis antigo de 'Homo erectus'

Foi localizado nun xacemento de Etiopía e é un achado revolucionario na historia da evolución humana

Dataron unha mandíbula infantil de máis de dous millóns de anos

G24.gal 17/10/2023 21:00 Última actualización 17/10/2023 21:35

Unha mandíbula infantil, localizada nun xacemento de Etiopía, cambia a historia do Homo erectus. Segundo puido constatar un equipo de investigadores codirixido pola Universidade de Vigo, trataríase do individuo de Homo erectus máis antigo que se coñece, con algo máis de dous millóns de anos.

Eduardo Méndez Quintas, arqueólogo e investigador da Universidade de Vigo: "Os máis antigos que se coñecían tiñan arredor dun millón setecentos mil, un millón oitocentos, pero non eran elementos claros porque eran fragmentos de pernas, brazos, algún fragmento de cráneo...".

Pero a investigación vai máis alá: tamén trasladan o Homo erectus a outra latitude, o altiplano etíope, cun clima máis frío e máis hostil que o da sabana africana.

"Poder desenvolverse nesas condicións máis difíciles permite que, ao saír de África, se adapten ben ás condicións. Facilita a súa expansión fóra do continente africano", explica Eduardo Méndez.

No mesmo xacemento atoparon, ademais, ferramentas da denominada tecnoloxía achelense, que tamén gaña antigüidade con esta nova datación.

Regreso a Etiopía

Ao publicarse na prestixiosa revista Science, ábrense novas posibilidades de financiamento para este equipo en que participan tamén outras universidades e que a principios de ano ten previsto regresar a Etiopía, á procura de novos achados.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade