Rouban en varias dependencias municipais de Abegondo
En semanas consecutivas entraron roubar no albergue de peregrinos e no centro social de Presedo e no de Meangos
Dúas dependencias municipais do concello de Abegondo foron asaltadas nos últimos días sen causar moitos estragos, pero co roubo de trebellos e electrodomésticos.
Un dos lugares afectados foi un albergue que, segundo nos contan, ten moita trasfega nos meses de verán, pero que nestas datas non conta con moito movemento.
Fontes do Concello confirman que, a pesar do tamaño e peso dos electrodomésticos, extraeron do seu interior a lavadora, a secadora, placas de vitrocerámica e ata tapas do váter.
Dáse a circunstancia de que a fin de semana anterior, a poucos quilómetros en Meangos, tamén no concello de Abegondo, entraron no centro social e de aquí marcharon co microondas e o calefactor.
O Concello interpuxo unha denuncia ante a Gardia Civil, que investiga ambos os dous roubos e, polo modus operandi, sospéitase dos mesmos implicados.