Cargando resultados...
Acordo no sector da conserva
Os salarios soben con efecto retroactivo dende o 1 de xaneiro
Desconvócanse as mobilizacións previstas
.png)
G24.gal
17/02/2022 20:13
Principio de acordo sobre o convenio colectivo no sector da conserva. UXT e a CIG acordaron coa patronal subir os salarios conforme ao IPC, incluído un incremento do seis e medio por cento con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro. Tras o acordo, os sindicatos desconvocaron as mobilizacións previstas para este sábado e para o vindeiro mes de marzo. Comisións Obreiras desviculouse do acordo.