Adrián Ben queda ás portas da semifinal
O de Viveiro quedou segundo na súa serie e estivo momentaneamente clasificado
Unha última carrra moi rápida apeouno de pasar á seguinte rolda

Un final amargo despois dun esforzo monumental. Adrián Ben queda apeado das semifinais nos 800 metros despois de quedar segundo na súa serie. Tíñao todo de cara para pasar á seguinte rolda, pero unha última carreira moi rápida cambioumo todo.
O plan de Adrián Ben foi o mesmo de sempre. Agardou na parte de atrás aos últimos 250 metros e aí comezou o acelerón para remontar. E fíxoo. Loitou contra todos o de adiante e ao final chegou á segunda posición. Debería ser suficiente.
Pero a última carreira marcou uns tempos moi rápidos, e os dous mellores tempos que acompañaban aos catro primeiros saíron dela. Despedida anticipada de Adrián Ben dos seus 800 metros olímpicos. Pero o de Viveiro loitou e fixo todo o que está na súa man.