Cargando resultados...
Volven circular os AVE entre Madrid e Barcelona tras a avaría
Un problema no sistema de electrificación foi o que provocou o corte na circulación segundo informou o Adif

G24.gal
19/10/2023 18:12
Última actualización 19/10/2023 21:55
Os trens da liña de alta velocidade entre Madrid e Barcelona volveron a saír das estacións tras verse afectado o sistema de electrificación durante a tarde desta xoves, o que obrigou a cortar a circulación. A incidencia tivo lugar concretamente no tramo entre Brihuega e Las Inviernas (Guadalaxara).
Renfe achacou a incidencia ao temporal de chuvia e vento que se rexistrou este xoves na zona centro do país. O Adif tamén asegurou que esta "parece ser a causa máis probable da incidencia", aínda que a valoración seguirá aberta para determinar as causas.