Agresión sexual en Vigo: cinco homes violaron unha moza de 20 anos
Unha veciña chamou á Policía logo de escoitar os berros dunha muller pedindo axuda
A investigación segue o seu curso e polo momento non hai detidos
Imaxe de arquivo da Policía Local de Vigo
Unha moza de 20 anos denunciou este venres pola noite un suposto delito de agresión sexual con cinco homes involucrados.
A Policía Local de Vigo que foi a que acudiu ao lugar dos feitos este sábado ás 07:08 h da mañá.
Unha veciña chamou á Policía logo de escoitar os berros dunha muller pedindo axuda. Contou aos axentes que a viu saltar un muro.
Cando chegou a patrulla policial á zona do parque de Matías, máis ben un terreo que un parque, atoparon tres mulleres. A presuntamente agredida por cinco homes, a veciña que alertou a policía e outra muller testemuña tamén dos gritos da denunciante.
Pola súa banda, a moza explicou que saíra de festa cun amigo e manifestou que fora agredida sexualmente por varios homes.
Os axentes activaron o protocolo ante un delito de agresión sexual e a moza de vinte anos foi trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Así mesmo, os axentes buscaron nos arredores e non localizaron ningunha persoa.
A investigación segue o seu curso e polo momento non hai detidos.