Alcaraz acaricia a súa primeira medalla olímpica
Alcaraz gaña contra o estadounidense Tommy Paul (6-3 e 7-6) nos cuartos
Con esta vitoria, o tenista español pasa á semifinal

A primeira medalla está moi preto. Debut olímpico para Carlos Alcaraz, que segue coa súa precocidade habitual, que o catapulta xa á loita polos metais. Partido de máis a menos do español ante un perigoso Tommy Paul (6-3 e 7-6).
O primeiro set foi de Alcaraz. Un 6-3 pola vía rápida para poñerse a un paso da semifinal. Pero o americano non dixera a última palabra e levou a iniciativa no segundo. Pero volveu a maxia do de Murcia, que remontou e forzou o tie break.
E nel chegou a sentenza. Alcaraz estivo moi vivo e certeiro nos golpes para opacar a Paul, que atrasou a súa sentenza de morte ata que o español puxo 0 9-7 que daba por finalizado o partido. O seu rival en semifinais sairá do enfrontamento entre Casper Ruud e Félix Auger-Aliassime.