Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alcaraz métese nas semifinais de Roland Garros, onde o agarda Sinner

Alcaraz métese nas semifinais de Roland Garros, onde o agarda Sinner

Derrotou en tres sets a Tsitsipas (6-3, 7-6, 6-4) e xogará contra o novo número un do mundo

G24.gal 04/06/2024 22:34 Última actualización 04/06/2024 22:51

Carlos Alcaraz xa está nas semifinais de Roland Garros, o seu teito ata o de agora na terra de París. A esa rolda xa chegara o ano pasado e foi derrotado por Djokovic; agora tocaralle xogar contra Sinner, o novo número un do mundo. 

Comezou con forza Alcaraz rompendo o servizo de Tsitsipas no primeiro xogo do partido. Deu primeiro o xogador murciano, que manexou esa vantaxe con gran solvencia e conseguiu levar a primeira rolda por un claro 6-3 en 31 minutos. 

Máis apertado resultou o segundo set. Parecía que Alcaraz o ía volver levar rápido ao crebar outra vez o primeiro saque do grego e poñerse cun 3-0, pero reaccionou o seu rival, que conseguiu igualalo (4-4). Chegouse ao tie break, onde Carlos Alcaraz manexou mellor os momentos quentes, para acabar gañando por 7-6. 

O terceiro set tamén estivo igualado (3-3) ata a rotura do servizo de Tsitsipas no sétimo xogo. Foi dabondo para asinar un 6-4 co que volve chegar ata unhas semifinais en Roland Garros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade