Alejandro Menéndez: "Atopei un grupo preocupado, entenden que isto non pode continuar así"
O Rácing ten hoxe dobre sesión de adestramento
O asturiano Alejandro Menéndez (1966) substitúe a Cristóbal Parralo á fronte do banco do Racing. O equipo ferrolán aposta pola experiencia dun adestrador que xa estivo traballando durante catro anos, en dúas etapas, na canteira do Real Club Celta. Hoxe tivo a primeira sesión de adestramento.
"Atopei un grupo preocupado, con caras serias. Eles entenden que isto non pode continuar así".
"Houbo intensidade e atención. Vin un grupo que escoitou. Teñen capacidade para saír de aí".
Tamén explicou o seu modelo de fútbol.
"A miña idea é ter iniciativa propia e depender de ti. De controlar o encontro. Saber que hai unha idea en común".
"Ter as ideas claras. Non estar sempre sometido pensando que es inferior".
Menéndez iniciouse no fútbol de formación. Pasou pola canteira do Spórting e pola do Real Madrid antes de chegar ao Celta en 2007 para facerse cargo do filial. Alí estivo dúas temporadas, cunha pequena incursión no primeiro equipo na 07-08 para rematar unha temporada caótica no Celta en que houbo catro adestradores.